Skip to Content

Agrocuir da Ulloa

Registrations Closed
Europe/Madrid
Add to calendar:
Chega Agrocuir da Ulloa
O Festival Agrocuir da Ulloa é unha iniciativa sen ánimo de lucro celebrada no rural lucense dende hai sete anos. É un festival co obxectivo de reivindicar a diversidade sexual e de xénero no rural. A visibilización dos colectivos transexual, bisexual, intersexual, asexual e cuir, históricamente invisibilizados, forma parte da nosa labor central. Ademais, este festival aborda retos da actual sociedade como a defensa do bosque autóctono, a construcción dunha comunidade participativa e inclusiva, a equidade de xénero, a interxeneracionalidade, o despoboamento do rural, a recuperación da memoria ou a posta en valor do patromonio material e inmaterial da comarca. Abordar estes temas da lugar a que este festival se vaia convertindo nunha iniciativa de empoderamento comunitario que contribúe a rachar con estigmas existentes sobre o rural. O Agrocuir da Ulloa pon en práctica o diálogo e a escoita como ferramentas para a construcción de sociedades sanas e de novas propostas de vida que compatibilicen a necesidade de gañarnos a vida coa defensa da terra e da dignidade humana. Todo esto ponse de manifesto a través de diferentes actividades que dan lugar a un festival multidisciplinar no que a través do teatro, a música, os obradoiros, o baile, o deporte, o cine, a performance, etc. o público comparte dous días de convivencia, aprendizaxe e ocio sostible, demostrando o potencial do rural para establecer novas formas de vida e modelos de sociedade.


Nesta ocasión acudiremos en irmandade con usuarias de Madrid e da Coruña para pasar a xornada do sábado no Caracacho, espazo de convivencia que serve de eixo central do Agrocuir o sábado 22 de agosto, onde disfrutaremos das actividades do festival e poderemos compartir un picnic e espazo de lecer para coñecernos mellor.

Aproveitamos tamén a nosa presenza no Agrocuir deste ano para organizar a exposición do Arquivo de Memorias Afectivas, que estará a disposición de todo o público que queira pasar a vela no Taller da Ulloa, situado na rúa Benigno Vázquez, 22 en Monterroso. De igual modo, por se alguén quere coñecer un pouco máis o labor da Fundación 26 de Diciembre en Galicia ó sábado 22 atoparanos na Feira de Asociacións, situada no Caracacho.

Ven vernos; agardamos verte!


Ven a vernos, ¡te esperamos!