Encontro e Formación
¿Apuntámonos a un encontro de formación na mellor compañía?
Na sesión desta semana do noso ciclo "Encontro e Formación", e que leva por título "Facer comunidade: coidarnos entre todas as persoas", trataremos de recoñecer o valor dos coidados comunitarios ao tempo que reflexionamos sobre como podemos contribuír, desde as nosas posibilidades, a construir unha comunidade acolledora, participativa e solidaria.
¡Anímate a participar!